1. José Antonio Pagola
Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS 16 de setembro de 2012
Anima a tomar en serio a Xesús. Pásao. 24º Tempo ordinario (B)
Marcos, 8,27-35
Música: Albinoni concerto nº 6;present. B Areskurrinaga HC; euskaraz: D. Amundarain
2. O episodio de Cesarea de Filipo
ocupa un lugar central
no evanxeo de Marcos.
Despois dun tempo de convivir
con El, Xesús fai aos seus
discípulos
unha pregunta decisiva:
"Quen dicides que son eu?".
3. No nome de
todos, Pedro
contéstalle sen
dubidar:
"Ti es o
Mesías".
Por fin parece
que todo
está claro.
Xesús é o Mesías
enviado por Deus
e os discípulos
ségueno para
colaborar con El.
4. Xesús sabe que non é así.
Aínda lles falta aprender algo
moi importante.
É fácil confesar a Xesús con
palabras, pero aínda non saben
o que significa seguilo de cerca
compartindo o seu proxecto e o
seu destino.
5. Marcos di que
Xesús
"empezou a
instruílos".
Non é unha
ensinanza máis,
senón algo
fundamental
que os
discípulos terán
que ir
asimilando
pouco a pouco.
6. Desde o principio fálalles
"con toda claridade".
Non lles quere ocultar nada.
Teñen que saber que o
sufrimento o acompañará
sempre na súa tarefa de
abrir camiños ao Reino de
Deus.
7. Ao final, será condenado
polos dirixentes
relixiosos e morrerá
executado
violentamente.
Só ao resucitar
se verá que Deus
está con El.
8. Pedro rebélase
ante o que está
oíndo.
A súa reacción é
incrible.
Toma a Xesús
consigo e lévao
á parte para
"increpalo".
Fora o primeiro en
confesalo
como Mesías.
Agora é o primeiro
en rexeitalo.
9. Quere facer
comprender a
Xesús que o que
está dicindo é
absurdo.
Non está
disposto a que
siga ese camiño.
Xesús ha de
cambiar esa
maneira de
pensar.
10. Xesús reacciona cunha dureza descoñecida.
De súpeto ve en Pedro os trazos de Satanás,
o tentador do deserto
que busca apartar as persoas
da vontade de Deus.
11. Vólvese de cara aos discípulos e increpa literalmente a Pedro
con estas palabras:
"Ponte detrás de min, Satanás":
volve ocupar o teu posto de discípulo. Deixa de tentarme.
"Ti pensas como os homes, non coma Deus".
12. Logo chama a xente e os sus discípulos para que escoiten ben
as súas palabras.
Volverá repetilas en diversas ocasións.
Non han de esquecelas endexamais.
“O que queira vir comigo, que se negue a si mesmo,
que cargue coa súa cruz e que me siga".
13. Seguir a Xesús non é obrigatorio.
É unha decisión libre de cada un.
Pero temos que tomar en serio a
Xesús.
Non abondan confesións fáciles.
14. Se queremos seguilo
na súa tarefa
apaixonante de facer un
mundo máis humano,
digno e ditoso, temos que
estar dispostos a dúas
cousas.
Primeiro, renunciar a
proxectos ou plans que se
opoñen ao Reino de Deus.
Segundo, aceptar os
sufrimentos que nos poden
chegar por seguir a Xesús e
identificarnos coa súa causa.
15. TOMAR EN SERIO A XESÚS
O episodio de Cesarea de Filipo ocupa un lugar central no evanxeo de Marcos. Despois dun tempo
de convivir con El, Xesús fai aos seus discípulos unha pregunta decisiva: "Quen diícides que son eu?" . No nome
de todos, Pedro contéstalle sen dubidar: "Ti es o Mesías". Por fin parece que todo está claro. Xesús é o Mesías
enviado por Deus e os discípulos ségueno para colaborar con El.
Xesús sabe que non é así. Aínda lles falta aprender algo moi importante. É fácil confesar a Xesús
con palabras, pero aínda non saben o que significa seguilo de cerca compartindo o seu proxecto e o seu
destino. Marcos di que Xesús "empezou a instruílos". Non é unha ensinanza máis, senón algo fundamental que
os discípulos terán que ir asimilando pouco a pouco
Desde o principio fálalles"con toda claridade". Non lles quere ocultar nada. Teñen que saber que o
sufrimento o acompañará sempre na súa tarefa de abrir camiños ao Reino de Deus. Ao final, será condenado
polos dirixentes relixiosos e morrerá executado violentamente. Só ao resucitar se verá que Deus está con El.
Pedro rebélase ante o que está oíndo. A súa reacción é incrible. Toma a Xesús consigo e lévao á
parte para "increpalo". Fora o primeiro en confesalo como Mesías. Agora é o primeiro en rexeitalo. Quere facer
comprender a Xesús que o que está dicindo é absurdo. Non está disposto a que siga ese camiño. Xesús ten que
cambiar esa maneira de pensar.
Xesús reacciona cunha dureza descoñecida. De súpeto ve en Pedro os trazos de Satanás, o
tentador do deserto que busca apartar as persoas da vontade de Deus. Vólvese de cara aos discípulos e
increpa literalmente a Pedro con estas palabras:"Ponte detrás de min, Satanás": volve ocupar o teu posto de
discípulo. Deixa de tentarme. "Ti pensas como os homes, non coma Deus" .
Logo chama a xente e os seus discípulos para que escoiten ben as súas palabras. Logo volverá
repetilas en diversas ocasións. Non han de esquecelas endexamais. "O que queira vir comigo, que se negue a si
mesmo, que cargue coa súa cruz e que me siga" .
Seguir a Xesús non é obrigatorio. É unha decisión libre de cada un. Pero temos que tomar en serio a
Xesús. Non abondan confesións fáciles. Se queremos seguilo na súa tarefa apaixonante de facer un mundo máis
humano, digno e ditoso, temos que estar dispostos a dúas cousas. Primeiro, renunciar a proxectos ou plans que
se opoñen ao Reino de Deus. Segundo, aceptar os sufrimentos que nos poden chegar por seguir a Xesús e
identificarnos coa súa causa.
José Antonio Pagola